7 Decembro, 2019 msolar
A historia da riseira e insoportable Quokka Moka tradúcese agora ao catalán despois da publicación este mesmo ano do orixinal en galego (Xerais) e a súa tradución ao castelán (Anaya).
As aventuras e desventuras deste animal son agora ilustradas por Ona Caussa mentres que a tradución corre por conta de Joan Bustos. “La Quokka Moka” segue así aprendendo idiomas e trasladando, cada vez a máis nenos, a súa historia sobre a amizade e o respecto aos demais cargada de grandes doses de humor. As ilustracións de Ona Caussa reforzan esa vis cómica dunha historia que fala de temas importantes desde o mellor dos nosos sorrisos.
Llega