10 Maio, 2020 msolar

Con motivo das Letras Galegas a Universidade Internacional LiberQuaré pon en marcha as Cápsulas Solidarias ‘Xa abriu o día. Letras Galegas no Ano Carvalho Calero” un evento que por mor do confinamento polo COVID-19 se celebrará no Facebook da universidade desde o día 11 ata o 16 de maio. Nestas cápsulas ofrecerá vídeos coa participación de escritores, xornalistas e estudosos para divulgar tanto a literatura actual galega, como a obra e figura do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero.

María Solar participa o día 11 de maio abrindo o programa e emitirase na rede en horario de 12:30 a 12:45. O evento conta co apoio da Fundación polo Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDHESGA), Familias Mundi e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha maneira de afondar na celebración das Letras Galegas e de divulgalas sen fronteiras, pese ao confinamento.