11 Xuño, 2020 msolar

As feiras do libro retoman a súa actividade trala pandemia da COVID-19. Santiago de Compostela será a primeira de España en celebrarse. O evento terá lugar do 13 ao 21 de xuño. Libreiros, libros e autores volven de novo ás rúas nesta cita anual que se retoma con estritas medidas de seguridade pero coa ilusión dun necesario reencontro do sector co público. A Federación de Libreiros de Galicia encargoulle a María Solar o pregón desta feira tan especial. O acto celebrarase ás 10:20h do sábado 13 de xuño na alameda compostelá onde se situarán as casetas. A autora compostelá encara a cita con ilusión e animando á cidade a participar. Trala inauguración, ás 13h, María Solar asinará exemplares do seu último libro, Quokka Moka e do resto da súa obra.

texto