10 Novembro, 2020 msolar

Quinta edición de “Los niños de la viruela” en Anaya e novena de “Os nenos da varíola” en Galaxia

A pandemia acrecentou o interese dos lectores pola historia narrada por María Solar da que foi a primeira campaña de vacinación da historia. En 1803 partiu do porto da Coruña unha fragata coa Real Expedición Filantrópica da Vacina, o seu obxectivo era luchar no Novo Mundo contra unha enfermidade moito máis mortífera que a COVID-19, a varíola. A arma que levaban para porlle fin era a primeira vacina, inventada polo médico británico Edward Jenner uns anos antes pero que nunca se utilizara masivamente para evitar a enfermidade nin moito menos se levara tan lonxe como eles fixeron utilizando o corpo de 22 nenos.

O libro achéganos con emotividade e rigor a esta fazaña histórica cada vez máis presente na nosa sociedade. O éxito entre os lectores leva xa a ver a luz a 5ª edición do libro en castelán “Los niños de la viruela” publicado por Anaya e á 9ª do seu orixinal en galego “Os nenos da varíola”, publicado por Galaxia e do que se tirarán 3.000 exemplares máis.