4 Marzo, 2021 msolar

A editorial Anaya esgotou en tres meses a quinta edición de ‘Los niños de la viruela” e xa está nas librarías a sexta edición deste libro que conta a historia da primeira campaña de vacinación do mundo, saída do porto de A Coruña o 30 de novembro de 1803. Esta novela histórica está hoxe de máxima actualidade cando o mundo se volve enfrontar a unha gran pandemia. A primeira vacina inventada foi contra a varíola e é aínda a día de hoxe a única enfermidade erradicada grazas a unha campaña de vacinación masiva.

Outros dous libros da autora vén novas edicións neste comezo de 2021. Chega a 9ª edición de ‘As meigas de Lupa’ en Xerais. Un libro dacabalo entre a actualidade e o século I que é xa un clásico na literatura galega xuvenil. Nel abórdase a lenda da Raiña Lupa desde unha trama que atravesa a historia das mulleres dunha mesma familia.

E tamén ve a luz a 5ª de “As horas roubadas” en Xerais, novela de adultos de María Solar, traducida ao castelán por Grijalbo e ao polaco por Kobiece, que enlaza a historia de dúas familias a través dun gran segredo oculto ata a vellez dos seus protagonistas.