9 Marzo, 2021 msolar

De Letras e Galegas” é unha serie documental nova que se abre paso con catro primeiras conversas entre o escritor e xornalista Diego Giráldez e as escritoras María Solar, Ledicia Costas, Inma López Silva e Arantza Portabales. Os espazos, de 20 minutos de duración, abordan en cada entrega unha conversa en profundidade sobre a escrita das autoras e a súa traxectoria, gravadas nas súas casas nun ambiente que convida á reflexión e a confidencia.

A serie documental reflicte como o paso adiante das escritoras xa non é unha moda ou un asunto temporal. Giráldez afirma “Todas ellas lograron algo ben difícil no mundo da literatura: gañar o favor do público e da crítica e o sector”