30 Xuño, 2021 msolar

‘OS NENOS DA VARÍOLA’ FINALISTA A 4 PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES


A adaptación teatral de ‘Os nenos da varíola’ é candidata a 4 Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actrices e Actores de Galicia. Á XXV edición presentáronse 38 espectáculos e máis de 300 profesionais. ‘Os nenos da varíola’ da compañía Pérez&Fernández está baseado no texto do mesmo título de María Solar e opta como finalista nas categorías de Mellor Espectáculo Infantil, Mellor Actriz Secundaria para Isabel Risco, Mellor Adaptación Teatral e Mellor Maquillaxe. A Gala celebrarase o próximo 9 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.