13 Setembro, 2021 msolar

A OBRA TEATRAL “OS NENOS DÁ VARÍOLA” PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL

A OBRA TEATRAL “OS NENOS DÁ VARÍOLA” PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL

A adaptación teatral do libro “Os nenos da varíolade María Solar fíxose co galardón ao mellor espectáculo infantil na gala dos XXV Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrada no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra da compañía Pérez & Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e protagonizada por Isabel Risco, Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis. Unha peza teatral sobre o texto do libro que recolle con humor, tenrura e rigor histórico a vida dos nenos da casa de expósitos da Coruña en 1803 e conta como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Personaxes como Ezequiel, encarnado por Isabel Risco ou Isabel Zendal na pel de Victoria Pérez gañáronse o aplauso do público e dos compañeiros de profesión que premiaron esta obra na súa gala anual.