19 Setembro, 2021 msolar

A ADAPTACIÓN TEATRAL DE “OS NENOS DA VARÍOLA” GAÑA O PREMIO LUISA VILLALTA DE IGUALDADE


Poucos días despois de recibir o recoñecemento do sector teatral co premio María Casares á Mellor espectáculo infantil, a obra “Os nenos da varíola” colleita un novo premio. A deputación da Coruña fallou os seus premios Luisa Villalta de igualdade, premiando á peza da compañía Pérez & Fernández que adapta o texto literario de María Solar. O xurado salientou o proxecto escénico de divulgación científica, memoria histórica e de posta en valor dunha muller pioneira esquecida pola historia: Isabel Zendal. Destaca pola súa capacidade de sensibilización e visibilización da igualdade de xénero na ciencia, motivando a reflexión sobre a transcendencia da memoria histórica, ao tempo que incorpora medidas de accesibilidade universal a través da adaptación física, a subtitulación, e acompañamento auditivo”