"Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión.

A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole…"

Unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele polos platós de medio mundo. A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña e así a secuestrou. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos.

Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial.

 

Premio Frei Martín Sarmiento 2014
Finalista nos Premios da Edicións 2013

A verdadeira historia da mosca da tele, aventureira narración, divertida a rabiar, que protagoniza unha mosca común que vive nos platós da Compañía de Radio Televisión de Galicia e, por cousas do destino que o meu prurito antispoleirizador me impide desvelar, acabará viaxando por medio mundo e converténdose nun moi famoso e benquerido insecto.

Armando Requeixo
EITORIAL GALAXIA
A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

  2012
 María Solar
  Ana Francisco, Jorge Vázquez
 Edicións: 3
  978-84-9865-458-5
978-84-9865-750-0 ( ePub)
Galego

EDITORIAL ANAYA
LA VERDADERA HISTORIA DE LA MOSCA DE LA TELE

  2015
 María Solar
  Fran Collado
 Edicións: 2
  978-84-678-7113-5
  978-84-678-7201-9 ( ePub)
  Español
  Mercedes Pacheco

 

ANDANA EDITORIAL
“LA HISTÒRIA AUTÈNTICA DE LA MOSCA DE LA TELE”

  2016
 María Solar
  Ana Francisco, Jorge Vázquez
 Edicións: 1
  978-84-16394-11-1
 Català
  Francesc Gisbert