"María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo."
Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.

As meigas de Lupa naceron como un libro e despois medraron cara unha BSO creada polo compositor David Alonso Garzón que se pode atopar en CD na segunda edición do libro e que foi finalista dos prestixiosos premios Jerry Gold Smith. Máis tarde xurdiu o Booktrailer da obra creado por La Cosa Gráfica a través dunha novidosa técnica que mestura pop ups con sombras chinescas e actores reais, 20 actores do grupo Achádego de Lugo que participaron nesta produción.

AS MEIGAS DE LUPA -BOOKTRAILER (GAL)

A novela, alén de facer converxer con intelixencia, ou talvez derivar, acontecementos distanciados vinte séculos, está redactada nun rexistro áxil, primando a comunicación directa co lectorado que se ha sentir ben a gusto asistindo ao devalar e resolución final dunha historia con moitas doses aventureiras -feitizos, persecucións, secuestros, espazos máxicos…-, sen descoidar o pouso dunha información histórica e contextualizadora que nunca está de máis.

Ramón Nicolas

“Fiel ao feliz casoiro que en todos os seus textos se produce entre un natural afán didáctico —a súa formación como mestra e bióloga fana camiñar por ese vieiro— e unha animosa e rebordante pulsión imaxinativa —que non desapide de mil e unha marabillas e feitos sorprendentes—”

Armando Requeixo
 
EDITORIAL XERAIS
“AS MEIGAS DE LUPA”

  2012
 María Solar
 Edicións: 8
  978-84-9914-375-0
  978-84-9914-545-7 (ePub)
Galego

EDITORIAL ANAYA
“LAS BRUJAS DE LA REINA LUPA”

  2016
 María Solar
  Xavier Bonet
 Edicións: 1
 978-84-698-1016-3
  Español
  María Jesús Fernández