"Manuel estaba enfermo, tiña febre e seu pai chamou ao veterinario. Na súa pequena vila non había médico, pero o veterinario receitoulle un xarope para cans que tamén lle ía moi ben aos nenos. Sería polo xarope, ou sería pola febre, o caso é que Manuel non paraba de soñar e soñar. Mesmo tiña soños dentro dos soños. Así coñeceu a un vendedor de olores de recordos; a unha repartidora de bicos para que os que dormen poidan soñar cos bicos que houbo na súa vida; un bar cheo de mentireiros; un extraterrestre moi preguntón que se movía polos sumidoiros para ir a calquera parte do planeta; e a Alicia, unha nena que non era como parecía…Todo se complicou cando o seu irmán xemelgo atopou ao extraterrestre no mundo real, e seu pai marchou ao bar das mentiras dos seus soños… Oh!! Agora si que se armou unha boa lea. Manuel tiña que resolver aquela confusión e só Alicia sabía como facelo."
O meu pesadelo favoritopremio Lazarillo de creación literaria 2014, é unha divertida historia chea de fantasía, tenrura e diversión onde os lectores poderán deixar voar a súa imaxinación, pasalo ben con curiosos personaxes, pero tamén aprender sobre o respecto aos que son diferentes a nós. Porque ás veces non hai nada máis real que soñar.
United Themes Shortcode Plugin

“Carroll, Rodari, Eco. Revisitar a estes tres grandes autores indirectamente e lendo un libro de literatura galega é un auténtico luxo e, sobre todo, unha verdadeira alegría.”

Montse Pena Presas, crítica literaria e investigadora de literatura infantil e xuvenil.

Revista dixital de literatura infantil e xuvenil “Criaturas”

“Un libro intelixente, enxeñoso, divertido, crítico que atesoura unha dose enorme de literatura.”

Antonio García Teijeiro, escritor e director do Blog-revista “Versos e aloumiños”.

“Tenrura, humor e ciencia únense no relato, a pinceladas sobre o paro, a explotación infantil ou a morte, ademais dunha curiosa homenaxe a Ana María Matute.”

Manuel Sollo, director e presentador de Biblioteca Pública en RNE.

“Realidade e ficción con moito humor e sentimiento.”

El Cultural.

“O meu pesadelo favorito” unha obra para non deixar de soñar.

Suplemento cultural Fugas da Voz de Galicia.

“Premiado co prestixioso premio Lazarillo, sen dúbida é un premio ben merecido para un dos libros infantís que máis dará que falar no presente curso editorial.”

Mario Regueira

Sermos Galiza.

“Un relato moi ameno e ben construído que entronca cunha rica tradición literaria á que aporta a súa propia orixinalidade.”

María Jesús Fernández,

Revista CLIJ.

“Amosa algúns dos esteos -ironía, limpeza no discurso expresivo, suxestión crítica, sentido do humor, querencia polo mundo científico, cuestionamento de diversos roles, realidades vistas desde outro prisma- que María Solar vén utilizando na conformación dun corpus narrativo de inexcusable interese para a literatura infantil e xuvenil.”

Ramón Nicolás, crítico literario,

blog “Caderno da crítica”.

  2015
 María Solar
  María Lires
  Edicións: 3
 978-84-9865-588-9
  Galego

 

EDITORIAL SIRUELA
“MI PESADILLA FAVORITA”

  2015
 María Solar
 María Lires
  Edicións: 2
  978-84-16396-16-0
  978-84-16396-74-0 (Kindle)
  Español
  Mercedes Pacheco

EDICIONS BROMERA
“EL MEU MALSON FAVORIT”

  2015
 María Solar
  Josep Giró
  Edicións: 2
  978-84-9026-534-5
 Català
  Josep Franco

GIUNTI EDITORE
“IL MIO INCUBO PREFERITO”

  2020
 María Solar
  Laura Proietti
  Edicións: 1
 9788809843684
Italiano
 Alessandra Benabbi